San Paio de Narla acolle un encontro sobre emprendemento no rural

TerraChaXa | LugoXa
Aldearmos (Encontro de Emprendemento e Xestión Cultural no Medio Rural) terá lugar no Museo Fortaleza San Paio de Narla.
ALDEARMOS ENCONTRO RURAL EMPRENDEMENTO SAN PAIO DE NARLA PORTADA
ALDEARMOS ENCONTRO RURAL EMPRENDEMENTO SAN PAIO DE NARLA PORTADA
22 Feb 2023

Aldearmos (Encontro de Emprendemento e Xestión Cultural no Medio Rural) terá lugar no Museo Fortaleza San Paio de Narla, en Friol, os días 25 e 26 de febreiro de 2023. Trátase dun proxecto da Rede Aldear dentro do programa Europeo Territorio Cultura coa coordinación de Sacraexperience.

Serán dous días de intervencións. O sábado en xornada de mañá e tarde, (de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 20:30) e o domingo só de mañá.

Darán comezo cunha intervención de Anxo Moure, seguida de Óscar Vales e a presentación da Rede Aldear. Esta está formada por 15 asociacións lideradas por persoas que viven nunha aldea da provincia de Lugo e Ourense.

Participarán Óscar Penín sobre ruralismo;  Carlota Pérez, sobre Sacraexperience; Nuria Sotelo; de A Casa Vella; Davide Salvado con Unha vida na aldea, e Vari Caramés con Imaxes sacras. Fotografía e comunidades da Ribeira sacra. Presentación do libro e explicación do proxecto.

Pecha a listaxe Encarna Lago para falar de Un museo que mira polo rural. Rede Museística Provincial de Lugo. A sesión será clausurada polo concerto de Davide Salvado.

O domingo estarán as intervencións de Esther Teijeiro, primeira muller en facer un viño ecolóxico en Galicia; Luis Deber, presidente da fundación Ronsell; Rebeca Ponte, de aRibeiro Land Art. Arte e Natureza n aldea de Berán, e Natalia Balseiro, mediadora e xestora cultural.

ALDEARMOS ENCONTRO RURAL EMPRENDEMENTO SAN PAIO DE NARLA
0.12059307098389