San Pedro do Buriz e Pígara, en Guitiriz, comezan as súas festas

TerraChaXa
As celebración comezarán hoxe na segunda cunha liscada
festas-en-pigara-e-san-pedro-do-buriz
Orquestra
28 Xuño 2024

As localidades de Pígara e San Pedro do Buriz, en Guitiriz, celebran as súas festas o último fin de semana de xuño.

As festividades darán comezo hoxe, venres, cunha liscada a partir das 22.oo horas en Pígara. Despois do xantar rematarán a noite cunha verbena coa macro discoteca Chocolate.

O sábado o apartado musical estará a cargo de Alianza, en sesión de mediodía e noite e de Merengue, na verbena tamén. O domingo será o grupo Los Adrianos o que peche as celebracións na sesión vermú.

Os dous días haberá misa, o sábado ás 13.30 e o domingo ás 13.45.

En San Pedro, o sábado, ás 13.00 horas, arrancarán coa celebración da misa solemne seguida da procesión cos Trapeiros dos Vilares, que amenizarán ademais a sesión vermú xunto ao dúo Venus.

Este mesmo grupo encargarase da verbena xunto a Los Players.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora pero terá ao grupo de Música Tradicional entre Lusco e Fusco como acompañante. O grupo Jake será o protagonista da sesión vermú que peche as festas.

Haberá colchonetas gratis os dous días, para os máis pequenos, durante as sesións vermús.

0.18933010101318