San Salvador de Guitiriz prepárase para as Festas da Ascensión desde o venres

TerraChaXa
As festas comezarán o venres 8 de maio cunha liscada e chourizada gratuíta, seguida dunha gran verbena co grupo Punto Clave
festas-ascension-san-salvador
5 May 2026

A parroquia de San Salvador, no concello de Guitiriz, celebrará os días 9, 9 e 10 de maio as súas tradicionais Festas da Ascensión, un evento moi agardado pola veciñanza e visitantes da comarca.

As festas comezarán o venres 8 de maio cunha liscada e chourizada gratuíta, seguida dunha gran verbena co grupo Punto Clave, que animará a noite con música e baile.

O sábado 9, os festexos arrancarán coa tradicional misa no campo da festa ás 13:30 h. A continuación, haberá unha sesión vermú e tamén verbena co grupo Fénix, que ofrecerá animación durante toda a xornada.

O domingo 10, novamente celebrarase misa no campo da festa á mesma hora, e a música continuará cunha sesión vermú co dúo Calibre, co cal se darán por rematadas oficialmente as festas.

Todas as actividades contarán cun campo cuberto con carpa, asegurando o confort do público ante calquera inclemencia meteorolóxica.

0.13378500938416