San Simón da Costa acolle a gravación dunha longametraxe

TerraChaXa
O Valado, na parroquia de San Simón da Costa, acolle ata o venres a rodaxe da longametraxe Tratamos demasiado bien a las mujeres.
escola habanera o valado san simon da costa
escola habanera o valado san simon da costa
16 mar 2023

O Valado, na parroquia de San Simón da Costa, acolle ata o venres a rodaxe da longametraxe Tratamos demasiado bien a las mujeres, da produtora Ficción Producciones.

A gravación estase realizando principalmente na escola habanera, un histórico inmoble.

A productora ten feitos outros importantes e recoñecidos traballos como a serie Vivir sin permiso ou Operación Marea Negra, dirixida por Daniel Calparsono.

O Concello de Vilalba pide a colaboración e a comprensión dos veciños e veciñas en previsión das posibles molestias que esta rodaxe poida provocar, como consecuencia dos cortes de luz nos espazos públicos, as restricións de tráfico ou a imposibilidade de acceder a diferentes zonas da parroquia. 

"A participación do Concello de Vilalba neste tipo de proxectos axuda a dar visibilidade ao municipio e contribúen moi positivamente á dinamización comercial e hostaleira da vila", explica Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos. 

O goberno vilalbés agradece de antemán a colaboración dos veciños e veciñas.