San Simón da Costa prepárase para celebrar as festas na honra a San Isidro Labrador

TerraChaXa
As celebracións comezarán o sábado 16 de maio, pola mañá, cando terá lugar unha ruta cabalar que se iniciará coa recepción dos participantes e o almorzo ás 09:30 horas
festas-san-isidro-san-simon-da-costa
11 May 2026

A parroquia de San Simón da Costa, en Vilalba, vivirá unha fin de semana repleta de festa, tradición e música para homenaxear a San Isidro Labrador.

As celebracións comezarán o sábado 16 de maio, pola mañá, cando terá lugar unha ruta cabalar que se iniciará coa recepción dos participantes e o almorzo ás 09:30 horas. A saída da ruta será ás 10:00 e durante o traxecto farase unha parada para degustar uns pinchos. Ao final da ruta entregarase un agasallo a todas as persoas participantes. Para anotarse na actividade hai dispoñibles varios teléfonos de contacto, e a data límite de inscrición é o 12 de maio.

Celebrarase a misa ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú a cargo do grupo Adrianos. Despois, os asistentes poderán gozar dunha comida campestre organizada polo Bar Fénix, con menú composto por empanada, paella, churrasco mixto, viño, refrescos, auga, sobremesa, café e licores.

O prezo é de 28 euros para adultos, 14 euros para nenos de 6 a 12 anos e gratis para nenos de 0 a 5 anos. Para participar na comida non é necesario asistir á ruta cabalar. Pola noite, a verbena contará coa actuación dos grupos Adrianos e Origen.

O domingo 18 de maio volverá celebrarse misa ás 13:30 horas, con procesión e sesión vermú a cargo de Adrianos, que tamén porá o broche final ás festas cunha actuación na gran carpa instalada no campo cuberto.

Estas festas contan coa colaboración do Concello de Vilalba e da veciñanza da parroquia, organizada pola Comisión de Festas de San Simón da Costa.

0.11624217033386