Sancovade celebra a súa comida veciñal o sábado 6 de xuño

A parroquia de Sancovade celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño a XVIII Xuntanza e Comida Veciñal, un encontro consolidado no calendario festivo da localidade que terá lugar no campo de fútbol de Sancovade. A xornada comezará ás 14:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Dani Pardo, e continuará con múltiples actividades durante a tarde.
Ás 18:30 horas terá lugar a actuación de Batifoula, que darán paso á verbena nocturna, tamén animada por Dani Pardo.
Os prezos da comida varían segundo a idade. A entrada será gratuíta para os nenos de 0 a 5 anos, mentres que os menores de 12 pagarán 15 euros. Para os maiores, os socios pagarán 35 euros e os non socios deberán abonar 40 euros. Os pinchos da cea están incluídos.
As inscricións poderán facerse ata o día 2 de xuño, contactando con Almudena ou Lucía nos teléfonos indicados, ou a través de calquera membro da Asociación de Veciños de Sancovade, organizadora do evento.