Sancovade organiza un torneo de fútbol entre os afeccionados de catro grandes equipos

TerraChaXa
Será o 25 de maio para os seguidores de Deportivo, Celta, Real Madrid e Barcelona
torneo-futbol-afeccionados-sancovade
Cartel do evento
19 Maio 2024

A Asociación de Veciños de Santiago de Sancovade organizou a segunda edición do torneo de fútbol para afeccionados do Deportivo, Celta, Real Madrid e Barcelona para o 25 de maio.

Están polo tanto convocados todos os seareiros e seareiras destes catro equipos que disputarán dúas semifinais. A primeira será ás 12.00 horas. Poderán ser equipos mixtos e cada partido terá unha hora de duración con 15 minutos de descanso.

A organización ten previstos uns petiscos para rematar a xornada.

0.183424949646