Sancovade prepárase para celebrar as súas festas na honra á Nosa Señora de Guadalupe

TerraChaXa
Os festexos arrincarán a noite do venres a partir das 22. 30 horas cunha gran verbena a cargo da disco móbil Patakiña e de Fátima Pego
festas-sancovade
8 Sep 2026

A localidade de Sancovade, en Vilalba, vestirá de festa a vindeira fin de semana para celebrar os seus tradicionais festexos na honra á Nosa Señora de Guadalupe.

Os festexos arrincarán a noite do venres a partir das 22.30 horas cunha gran verbena. A primeira velada festiva contará coa animación da disco móbil Patakiña e a destacada actuación de Fátima Pego, quen se encargará de poñer a bailar a todos os asistentes no inicio da estancia festiva.

A xornada do sábado 12 comezará ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne, seguida da habitual procesión que estará acompañada pola música da agrupación Ardelle o Eixo. A continuación, o grupo Talismán poñerá o ritmo á sesión vermú e, de igual maneira, á verbena da noite, nesta ocasión, xunto á orquestra Solara.

O domingo, porase o broche final aos festexos. A misa, que será á mesma hora, será cantada pola Coral Luar, seguida da procesión acompañada polo grupo de gaitas Cerna de Árbol. Posteriormente, os veciños e visitantes poderán desfrutar dunha animada sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Para rematar o programa festivo, celebrarase o tradicional e agardado sorteo do ramo de roscas.

0.15458607673645