Sandra Gómez López preside a nova directiva da Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea conta cunha nova directiva, encabezada por Sandra Gómez López, coñecida como Sandra de Patorna, que asume a presidencia da entidade veciñal.
O equipo directivo complétase con Ana Veiga García, Ana do Xuez, como vicepresidenta; Ánxela Fernández Fernández, Angelina de Fleire, como secretaria; e David Varela Díaz, David de Campos, que exercerá como tesoureiro.
A directiva conta tamén con catro vogais: María Luz Fernández Dasrribas, coñecida como Mariluz do Fleire; Jesús Fernández Díaz, Suso de Albertín; Patricia Buján Carballo, Patricia de Campos; e María Luz Iglesias López, tamén coñecida como Mariluz de Fleire.
A asociación, con sede na parroquia de Santa Comba da Órrea, no municipio de Riotorto, fai un chamamento á colaboración da veciñanza para continuar desenvolvendo a súa actividade e traballando en favor da parroquia.
Baixo a mensaxe «Contamos coa colaboración de todos e todas», a nova directiva anima a implicarse na vida asociativa e a participar nas iniciativas destinadas a fortalecer a convivencia e a dinamización da localidade.