Santa Cruz prepárase para celebrar as festas esta fin de semana

TerraChaXa
Origen e París de Noia amenizarán a verbena do sábado á noite
santa-cruz-programa-festas
1 May 2026

A parroquia de Santa Cruz, en Guitiriz, acollerá esta fin de semana as tradicionais festas patronais, cun completo programa relixioso e musical pensado para todos os públicos.

O sábado 2, a xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra D'Noche. Pola noite, a festa continuará coa gran verbena a cargo da mesma formación e das coñecidas orquestras Origen e París de Noia, que prometen facer vibrar o público ata altas horas da madrugada.

O domingo 3, a programación continuará ás 13:30 horas coa celebración da palabra e procesión, acompañadas polo grupo de gaitas Axóuxere, seguida dunha nova sesión vermú co grupo La Bamba.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa, o que garante o desenvolvemento das actividades sen importar o tempo, e haberá tamén colchóns gratuítos para nenos e nenas durante os dous días.

0.12610602378845