Santa Leocadia celebra as festas a fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Haberá colchonetas para os nenos e o sábado fogos de artificio
santa-leocadia-festas
Cartel
21 Xuño 2024

A localidade de Santa Leocadia, en Castro de Rei, estará de festa esta fin de semana na honra a San Pedro.

Comezarán o sábado coa misa tradicional, ás 13.00 horas, e a actuación da orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto a Origen.

O domingo tamén haberá misa ás 13.00 horas e a procesión. Despois, a sesión vermú e a verbena estarán a cargo do grupo Alba e dos Valuros. O primeiro grupo tamén fará a verbena.

A organización lembra que haberá colchonetas para os nenos e o sábado fogos de artificio.

0.17883110046387