Santa Leocadia celebra as festas na honra a San Antonio a fin de semana

A parroquia de Santa Leocadia, no concello de Guitiriz, vivirá unha fin de semana festiva con motivo das celebracións en honra a San Antonio o sábado e o domingo. As festas contarán cun programa cargado de música e tradición.
O sábado celebrarase unha misa solemne ás 14:00 horas no campo da festa, á que seguirá a tradicional sesión vermú co grupo Alma Latina, o mesmo grupos que se encargará de amenizar a verbena.
O domingo continuarase coa festa cunha nova sesión vermú a cargo do dúo EPO-K, que porá o broche final ás celebracións deste ano.
As festas están organizadas pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Leocadia.