Santa María de Cospeito está de festa a fin de semana

TerraChaXa
Ademais, haberá unha xornada veciñal, que será o 22 de setembro
festas-patronais
9 sep 2024

Santa María de Cospeito preparan as súas festas para esta fin de semana.

As celebracións festivas terá lugar os días 14, 15 e 22 de setembro. O primeiro días haberá misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra. Esta mesa orquestra actuará na verbena xunto ao dúo Epok.

O domingo continuarán as celebracións con misa cantada pola Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte. Para chegar as festas haberá unha sesión vermú prolongada a cargo de Ritmo. A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Ademais, haberá unha xornada veciñal, que será o 22 de setembro. Comezará cunha misa solemne ás 13.00 e despois será o xantar que estará amenizado por Laura Ocampos.

0.095211029052734