Santaballa celebrará as festas na honra a San Pedro a fin de semana

TerraChaXa
As celebracións darán comezo o sábado 27 de xuño cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú
festas-santaballa
22 Jun 2026

A parroquia de Santaballa, no concello de Vilalba, celebrará os días 27 e 28 de xuño as súas tradicionais festas na honra a San Pedro cun programa que combinará actos relixiosos e actuacións musicais para todos os públicos.

As celebracións darán comezo o sábado 27 de xuño cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Límite. Pola noite terá lugar unha gran verbena na que actuarán as orquestras Límite e Cinema.

O domingo 28 continuarán os festexos coa misa solemne ás 13.30 horas e a posterior procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú longa co grupo Alba, que será o encargado de poñer o broche final ás festas de San Pedro 2026.

A organización conta coa colaboración do Concello de Vilalba e do apoio de numerosas empresas e establecementos da contorna, nunha cita que volverá reunir a veciñanza e visitantes arredor dunha das celebracións máis destacadas da parroquia.

0.11913990974426