Se celebran as festas en Moreda esta fin de semana

A localidade vilalbesa de Moreda está de festa esta fin de semana na honra a San Andrés. O sábado 6 a música estará ao cargo do grupo Los Adrianos, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena.
Previamente terá lugar a misa solemne e a procesión, a partir das 13.30 horas. Pola noite tamén estará a orquestra New York.
O domingo haberá misa solemne á mesma hora seguida de sesión vermú co trío Rosel, que porá o punto e final á celebración.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.