Segunda victoria chairega o torneo de billarda da Pontenova
TerraChaXa
30 sep 2019
Este sábado pasado disputouse no campo da Mina, na Pontenova a segunda xornada da liga Norleste de Billarda.
Esta segunda xornada foi tamén a segunda victoria para un equipo chairego, xa que en esta ocasión, foi Pepe, da Ponte de Outeiro o que levou a navalla que o proclamou como vencedor.
Segundo foi Navallo, da Pontenova e terceiro Marquitos de Ribadeo, ese terceiro posto sirvelle para colocarse líder na clasificación xeral.
Así, por equipos os Chainzos-Cadaval, da Pastoriza e Castro, foron tamén os gañadores da xornada e colócanse a fronte da clasificación.
A vindeira xornada será o 26 de outubro no Alto da Cadeira, en Trabada.