Seis medallas para os deportistas vilalbeses no Open de taekwondo de Avilés

TerraChaXa
Os deportistas da escola de taekwondo Moo Du Kwan de Vilalba volveron á competición esta fin de semana conseguindo un pleno de medallas.
open vilalba asturias aviles taekwondo portada
15 Nov 2021

Os deportistas da escola de taekwondo Moo Du Kwan de Vilalba volveron á competición esta fin de semana conseguindo un pleno de medallas. O grupo de seis deportistas participantes na Copa Avilés desta especialidade deportiva a nivel nacional lograron outras tantas medallas.

Así, houbo medalla de prata para o trío infantil composto por Diego Fernández Campos, Nicolás Ares Veiga e Borja Castro Rodríguez. Tamén houbo bronce para a parella tamén de categoría infantil Cristina Insua Cendán e Jesús Seoane Santalla. Este último tamén obtivo o bronce en categoría benxamín individual.

O Open de Avilés 21 de Asturias tivo lugar o 13 de novembro, sábado, para a modalidade Poomsae e a proba é puntuable para o ranking do Mundial 2022.

taekwondo aviles open vilalba
0.1841869354248