Seixas celebrará as festas de San Pedro cun intenso programa musical e fogos de artificio

A parroquia de Seixas, no concello de Cospeito, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra a San Pedro cun programa no que a música e os actos relixiosos serán os principais protagonistas.
As celebracións comezarán o sábado cunha misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Los Españoles. Pola noite, a partir das 22.30 horas, terá lugar unha gran verbena coa actuación de Los Españoles e da orquestra Principal.
Xa entrada a madrugada, ás 00.30 horas, está prevista unha tirada de fogos de artificio que servirá para completar a primeira xornada festiva.
O domingo continuará a programación cunha misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú longa amenizada pola orquestra Suavecito.