Seixas, Pino e Vilapene celebra o sábado a primeira xuntanza de parroquias

TerraChaXa
As parroquias cospeitesas de Seixas, Pino e Vilapene celebrará este sábado unha xuntanza, que é a primeira e que nace con espírito de continuidade.
13 Maio 2024

As parroquias cospeitesas de Seixas, Pino e Vilapene celebrará este sábado unha xuntanza, que é a primeira e que nace con espírito de continuidade.

Será na capela de San Isidro comezando a sesión cunha misa ás 13.30 horas seguida da sesión vermú, que estará a cargo do trío Merengue. que despois do xantar ofrecerá unha sesión de tarde prolongada.

O acto central será o xantar, que consistirá en empanada, xamón cocido, churrasco mixto con chourizo galego vermello e tarta de Santiago. Tamén haberá viño, auga, refrescos e café por 25 euros e para os nenos de 5 a 12 anos o prezo é de 12 euros.

Para anotarse pode falarse con calquera das dúas asociacións convocantes, O Cruceiro de San Pedro de Seixas e a Asocaición de San Martiño de Pino. A data limite e hoxe, luns.

0.16185784339905