Seixón arranca as festas de San Paio con liscos e chourizos de balde

LugoXa | TerraChaXa
O Grupo Jaque porá o broche final a tres días de celebración e convivencia veciñal
banderines-festas-patronais
10 Jun 2026

A parroquia de Seixón, no concello de Friol, celebrará os vindeiros días 12, 13 e 14 de xuño as tradicionais Festas na Honra a San Paio, cun completo programa que mestura gastronomía popular, misas solemnes e verbena para todos os públicos.

As festas comezarán o venres cunha cita gastronómica destacada: a partir das 21:30 horas, o Bar Xestoso ofrecerá liscos e chourizos gratis a todas as persoas asistentes. A noite continuará coa actuación Tania Veiras e a solista Nerea Cobas, que animarán a primeira verbena das festas.

O sábado, terá lugar a misa solemne ás 13:30 h, seguida da tradicional sesión vermú co dúo Dilema. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo do mesmo grupo, que se encargará de poñer a música e o ambiente festivo ata altas horas.

O domingo, novamente ás 13:30 h, celebrarase unha misa solemne, seguida dunha nova sesión vermú co grupo Jaque. A tarde estará protagonizada polo tardeo musical entre as 19:00 e as 21:30 h coa actuación tamén do Grupo Jaque, poñendo o broche final a tres días de celebración e convivencia veciñal.

0.12706899642944