Sementeira de Igualdade realiza o mércores o último obradoiro do ano

Continúa o proxecto Sementeira de Igualdade na Biblioteca Municipal. Neste terceiro obradoiro, os participantes poderán gozar dunha xornada lúdica e didáctica para público infantil con Noelia Darriba.
Será o mércores 4 de decembro, en horario de 17:30 a 19:00, co obxectivo de (re)pensar sobre o consentimento para público infantil.
As prazas son limitadas! Así que hai que inscribirse nesta ligazón.
As mochilas de Sementeira de Igualdade seguen dispoñibles na biblioteca para levar á casa e gozar de lecturas con perspectiva de xénero para toda a familia.