“Sendo un anaco de madeira, Arturo converteume nun violín”

TerraChaXa
A culturista vilalbesa Julia Cabarcos prepárase para a selección do mundo.
julia cabarcos culturista
1 Out 2023

A culturista vilalbesa Julia Cabarcos prepárase para a selección do mundo.

Tras unha pausa de un par de anos, volve competir de novo. De feito xa estivo no Campionato de Europa. Como foi o seu regreso?

No Campionato de Europa presentei un físico do que me sinto moi orgullosa. Por iso xa mereceu a pena ir. O malo é que coa liña de competición que había víame demasiado forte e iso penalizoume.

Cal será a próxima cita?

Agora estou a tres semanas de presentarme á preselección do campionato do mundo, que se celebrará a primeiros de novembro.

Como se atopa agora mesmo? Que falta por traballar?

Agora atópome forte tanto física como mentalmente. Con moitas ganas. Se é certo que teño que mellorar. Porque a miña intención é saír máis preto aínda.

Que lle levou a deixar a competición?

Deixe de competir fai catro anos porque necesitaba descansar.

Como comezou neste deporte e por que?

Empecei nisto de rebote. Tiven que deixar uns anos de descanso para tentar mellorar e, sobre todo descansar.

Pode vivirse deste deporte ou ten outra profesión?

Disto non se pode vivir. Compaxino o meu hobby con dous traballos. As viaxes, hoteis, alimentación, licenzas, bikini…hai que Pagalo. Algún día deixarei de competir pero, tentarei encher un pouco máis a vitrina antes (risas). As miñas experiencias do pasado son a miña alfombra vermella.

Cales son as súas vantaxes e contraprestracións?

Este deporte achégame moito cada día. Xa non só a nivel físico que, é obvio que me gusta estar forte e en forma senón, tamén, a nivel anímico. A satisfacción persoal que me dá o ter, a disciplina e a forza de vontade de facer isto é moi grande. Todos temos algún momento nos que non nos apetece ir adestrar ou facer cardio. A min, gústame moitísimo comer, demasiado (risas) pero, o ter a cabeza de saber que podo e que non faime máis forte. Estou moi orgullosa de min. Do que consigo día a día co meu traballo e o meu esforzo. Póñolle moita ilusión. Aínda que nada disto, tería o mesmo valor sen a man do meu preparador e parella Arturo Castañeda. Sendo un anaco de madeira, el converteume nun violín.

Teño entendido que a alimentación xoga un papel fundamental no resultado óptimo e na preparación…

A alimentación é crucial. Moitas veces pregúntanme cantas calorías meto na dieta e realmente iso non é importante. Podes inxerir 3000 calorías a base de donuts ou a base de polo e os resultados son, loxicamente, moi distintos. Sen dúbida, iso é o que máis me custa. Cando me din “eu podería vivir coa túa dieta porque me encanta o arroz e o polo” É moi fácil… Eu o como encantada pero, o difícil é comer só iso durante meses e meses. Nin unha uva, nin un iogur, nin un anaco de lombo… Desde o 9 de xaneiro que empecei a preparación deste ano tiven o mes de xuño de descanso no que coidei a miña alimentación pero si que comía algo máis do que me apetecía. Pois iso, algunhas froitas, embutido, algunha hamburguesa e chocolates (risas). Pero, a preparación é outro tema. Ademais, teño a gran fortuna de que o meu preparador sexa Arturo xa que considero que é a enciclopedia do culturismo.

Nalgunha ocasión tense queixado de ter recibido comentarios ofensivos por parte do público. Non mellora a situación ao longo dos anos?

Se é verdade que a sociedade segue pechada a entender que unha muller Forte, pode ser sexi e atractiva. Que non quere dicir que eu o sexa pero hainas (risas). Cando empecei nisto fixéronme reformularme a idea de querer estar así pero, parece que canto máis forte póñome máis cega e xorda vólvome. Hoxe en día que, parece que non podes dicir nada sen estar a cometer un delito aínda nos tomamos moi á lixeira o poder xulgar o físico forte sen contemplar o dano anímico que podemos causar. Se estás gordo, eu non cho vou a dicir. Se che falta unha perna supoño que xa o sabes. Eu mírome ao espello e gústame o que vexo. É o único que necesito para seguir.

Aínda que non vive de continuo en Vilalba, síntese vilalbesa e sempre pon esta vila como lugar de procedencia. Cal é a súa relación con esta vila?

Son moi do meu pobo a pesar de que hai moitos anos que non vivo aí. Síntome moi orgullosa das miñas raíces. De feito, temos a sorte de poder realizar os campionatos galegos de culturismo no auditorio de Villalba. Tanto o concello como os paisanos facilítanos moito as cousas e contan cunhas instalacións incribles. Tento facer polo pobo Todo o ben que fixo el por min. Á miña familia sempre nos trataron con moito agarimo.

Este deporte achégame moito cada día. Xa non só a nivel físico que, é obvio que me gusta estar forte e en forma senón, tamén, a nivel anímico.

julia cabarcos culturista interior
julia cabarcos culturista interior atras
0.093652009963989