Sete Pontes demanda información sobre a ampliación do polígono

TerraChaXa
Sete Pontes manifestou o seu malestar pola falta de información e o retraso que está a ter a ampliación do polígono industrial de Vilalba.
21 Feb 2021

A Asociación de Empresarios Sete Pontes manifestou o seu malestar pola falta de información e o retraso que está a ter a ampliación do polígono industrial de Vilalba.

Segundo indican, o 21 de outubro de 2019, a directiva da Asociación solicitou unha reunión co equipo de Goberno por este tema, a cal foi concedida o 9 de xuño de 2020. "En dita reunión díxosenos que había algún problema por solucionar coa Confederación Hidrográfica e que como moito tardar, nos darían unha resposta no mes de setembro e xa estamos en febreiro de 2021 e non recibimos ningún tipo de comunicación", engaden.

Tamén queren saber en qué situación se atopan as parcelas cedidas ao Concello, correspondentes á ampliación de Entrepinares, rematadas o verán pasado "e das que non sabemos nada sobre cómo se vai a xestionar a tramitación para que algunha empresa interesada poida adquirir ditas parcelas", din.

"É de interese xeral e unha riqueza para o noso pobo que haxa demanda de suelo industrial para que se poidan asentar novas empresas e incentivar a economía, por isto lle pedimos ó Concello de Vilalba que axilice todos os trámites necesarios para que Vilalba medre", resumen.

Así mesmo, lamentan "o estado de abandono no que se encontra o noso polígono industrial, xa solicitamos varias veces por rexistro, a necesidade de mellorar a señalización vial, tanto vertical como horizontal, o arranxo do asfalto e as beirarrúas, humanización e limpeza de zonas comúns, un mantemento axeitado do alumeado público, que está continuamente con cortes de suministro eléctrico ou con bombillas fundidas, equipos de vixilancia e seguridade".

Os empresarios lembran que recentemente, saíron unhas axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais da comunidade autónoma de Galicia, "que lle pedimos ó goberno local que solicitase pois con estas axudas podería paliar algunhas das deficiencias anteriormente descritas, aínda que ó non estar adheridos á iniciativa Concellos Doing Business Galicia, que tamén levamos anos solicitando que se faga, estaremos en desventaxa para recibir as axudas con respecto a outros concellos que sí o están".

Conclúen que o 13 de xaneiro enviaron un boceto do que podería ser o Convenio de colaboración do Concello coa Asociación de Empresarios Sete Pontes, que foi aprobado no pleno por unanimidade o 30 de xullo de 2020 "e tampouco recibimos resposta ninguna. Este Convenio é unha necesidade para a realización de actividades específicas de dinamización, organización, difusión e promoción dos sectores económicos de Vilalba".

0.16413998603821