Sete Pontes ofrece aos socios formación para a dixitalización

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes porá en marcha o proxecto Vilalba 4.0, o momento da transformación dixital.
FORMACion vilalba sete pontes
FORMACion vilalba sete pontes
7 mar 2021

A Asociación de Empresarios Sete Pontes porá en marcha o proxecto Vilalba 4.0, o momento da transformación dixital, un curso dirixido a socios e asociados e para o que mañá remata o prazo de inscrición.

Este proxecto trata de eplorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais para poñer en marcha un market place común para todas as empresas participantes, actuando como epicentro a Asociación de Empresarios Sete Pontes a través da plataforma web.

Tamén busca solucións de hibridación intersectorial que permitan que os socios e asociados poidan xerar sinerxias dixitais nos seus servicios tanto de organización interna como de cara ó cliente, podendo así optimizar recursos e gastos e potenciando as accións comerciais dun xeito común a través da plataforma web da propia Asociación.