Sete Pontes sortea numerosos agasallos na campaña de San Valentín

TerraChaXa
A Asociación Sete Pontes de Vilalba iniciou a Campaña de San Valentín na que están implicados os negocios da localidade.
vilalba late
vilalba late
11 feb 2024

A Asociación Sete Pontes de Vilalba iniciou a Campaña de San Valentín co título Vilalba Late, na que están implicados un total de 50 negocios da localidade.

Así, entre todos os clientes que realicen as compras ata o 17 de febreiro sortearase varios agasallos ademais de catro vales de 50 euros para gastar no comercio local. A esto hai que sumar dúas ceas  e un vale para gastar no Spa Attica 21.

Haberá dous sorteos, un por Instagram e outro a través das compras realizadas nos negocios locais.

O sorteo terá lugar o 19 ás 21.00 horas no local da asociación.