Shirley, Antonio Fernández, José Luis Martínez e David Blanco gañan o primeiro Eco Rallye das Pontes

TerraChaXa | FerrolXa
En canto á clasificación de eficiencia enerxética, o recoñecemento ao mellor equipo foi para os vencedores, mentres que na categoría híbrida foron Manuel Trevín e Tania Martínez
ganadores-ecorally-as-pontes
13 Nov 2026

Shirley e Antonio Fernández, na modalidade eléctrica, e José Luis Martínez e David Blanco, na categoría híbrida, foron os vencedores da primeira edición do Eco Rallye de As Pontes, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas - Consellería de Industria.

Na modalidade eléctrica, Shirley e Antonio Fernández, pai e filla, realizaron unha excelente actuación ao longo dos máis de 120 quilómetros e 105 controis dos que constaba a proba, conseguindo unha puntuación final de 1.251 puntos.

O segundo posto da clasificación xeral desta modalidade foi para Raúl e David Centelles, mentres que Santiago Santalla e Adrián López ocuparon a terceira posición.

Pola súa banda, na modalidade híbrida, José Luis Martínez e David Blanco protagonizaron unha competición de menos a máis que lles permitiu facerse coa vitoria cunha puntuación de 1.721 puntos. Completaron o podio Pedro Peteiro e Manuel Trevín, xunto a Tania Martínez.

En canto á clasificación de eficiencia enerxética, o recoñecemento ao mellor equipo en eficiencia eléctrica foi para Shirley e Antonio Fernández, mentres que na categoría híbrida os vencedores foron Manuel Trevín e Tania Martínez.

0.15621900558472