Silán celebra as súas festas na honra de San Estevo e da Virxe de Fátima

TerraChaXa
A localidade de Muras celebrará os días 10 e 11 de outubro as súas festas patronais con música, actos relixiosos e verbenas a cargo de Trébol, Salsarena e Los Adrianos
festas-silan-muras
6 Oct 2026

A localidade de Silán, no municipio de Muras, celebrará esta fin de semana as súas festas na honra de San Estevo e da Virxe de Fátima, cun programa que combinará actos relixiosos, sesións vermú e dúas xornadas de verbena.

Os festexos comezarán o sábado 10 de outubro ás 13.00 horas cunha misa solemne e procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol.

Pola noite, a partir das 23.00 horas, celebrarase a gran verbena, que contará coas actuacións das orquestras Trébol e Salsarena.

O domingo 11 de outubro, os actos retomaranse ás 13.00 horas cunha nova misa solemne e procesión. Deseguido terá lugar a sesión vermú co grupo Los Adrianos, que tamén será o encargado de amenizar a gran verbena da noite.

As celebracións están organizadas pola Comunidade de Montes de Silán, coa colaboración do Concello de Muras. Os festexos desenvolveranse no campo da festa, que contará con carpa para acoller as actividades previstas.

0.15831589698792