Sistallo, en Cospeito, está de festa a fin de semana

A localidade de Sistallo, en Cospeito, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Xoán.
Etas darán comezo o sábado 20 cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión para dar paso á sesión vermú, que estará a cargo do grupo Ritmo, que tamén se encargará da verbena xunto co DJ Casanova.
O domingo só haberá sesión matinal longa, co grupo Fénix, co que se darán por rematadas as festas, despois da misa, que será ás 13.30 horas.