Sociedade Civil, Asociacionismo e 28M Guitiriz

TerraChaXa
Colaboración de Xesús Anxo Barreiro Núñez, presidente da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga (Guitiriz)
foto xesus parga suso feira parga
11 May 2023

Por Xesús Anxo Barreiro Núñez
Presidente da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga

Con motivo das vindeiras eleccións Municipais e Autonómicas no Estado Español o vindeiro 28 de maio, estamos chamados/as a acudir as furnas os/as habitantes dos 8.131 Concellos (313 en Galicia e 67 na Provincia de Lugo) e en 12 das 17 Comunidades Autónomas (excluidas: Galicia, Cataluña, País Vasco, Andalucía e Castela-León) mais as cidades autónomas de Ceuta e Melilla

O noso Concello de Guitiriz segun datos do Instituto Nacional de Estadística (I.N.E.), recollidos, no R.D.1.037/2022 de 20 de decembro de 2022, (valido para a totalidade de 2023 ate a publicación de un novo censo de dito Organismo), consta de 5.328 habitantes dos cales 2.689 son homes e 2.639 mulleres repartidos por un territorio de 293´97 Km cadrados que o sitúan en extensión como quinto da Provincia de Lugo e sexto de Galicia.

Ante este proceso electoral de elección dos 13 Concelleiros/as da Corporación, Goberno e Alcalde ou Alcaldesa de Guitiriz, quixeramos dende a Directiva da Feira de Parga, facer, entre outras, as seguintes propostas as tres candidaturas que concorren a este proceso electoral: PSOE, PP e BNG, atendendo a unha serie de datos e querendo dende unha actitude constructiva aportar o noso humilde grao de area..

En primeiro lugar abogar, por unha actitude cordial e constructiva das persoas eleitas na cita electoral polos tres partidos políticos, pois serán reflexo da sociedade do noso Concello entendendo que así será, pois, somos unha veciñanza onde todos/as nos coñecemos e mantemos unha relación cordial no eido persoal que se debe ver reflexada nas persoas que nos gobernaran abordando de xeito dialogante e inclusivo as distintas propostas políticas que redunden en beneficio do noso Concello e das persoas que en él vivimos.

En segundo lugar, queriamos propor que do mesmo xeito que se realizan as retransmisións en directo dos plenos pola canle de Facebook do Concello, a realización de un debate, tamen en directo e público por dita canle, coas persoas que encabezan cada unha das tres candidaturas a fin de escoitar as suas propostas e o debate sobre as mesmas, pois constanos sera seguido de xeito maioritario como son seguidas as retransmisións dos plenos. De seguro PSOE, PP e BNG atoparan unha formula de acordo para a realización do debate e as normas que o rexiran.

En terceiro lugar, dende o tecido asociativo, propomos (descoñecendo a estas alturas da precampaña se algún ou os tres partidos o levan no seu programa) se forme a partir da constitución do pleno de investidura a creación de un "Consello Económico e Social de Guitiriz" órgano consultivo básico na democracia participativa, no que estén representados ademais dos tres partidos politicos con representación no Consistorio, as Entidades de base social e asociativa do noso Concello: Empresarios, Sindicatos, Asociacións de Veciños, Culturais, Xuvenis, Educativas, de Maiores, Deportivas,

Comunidades de Montes ..., en definitiva que entre todos e todas facer un Concello comprometido cos 17 Obxetivos de Desenrolo Sostible (ODS) aprobados o 25 de setembro de 2015 por 193 países na Asamblea Xeral de Nacións Unidas conformando a chamada Axenda 2030, e que Guitiriz escale postos no nivel de renda (segundo o último dato do I.N.E.de 2019, posto 191 a nivel galego e 4.071 a nivel Estado, excluidos País Vasco e Navarra, con unha renda bruta de 18.281 euros, que nos situa en esa data no posto 28 a nivel provincial, aproveitando o noso rico Patrimonio: paisaxistico, etnografico, monumental, cultural, termal, gandeiro, forestal ..., pondo en valor, mais se cabe, a reapertura do hotel-balneario e o paso do Camiño de Santiago de xeito que redunde en beneficio economico, fixación de poboación así como revertir a nosa envellecida piramide poboacional mellorando o número de visitas e estancias (segundo datos de turismo do I.N.E. se fixaron no mes de febreiro do ano en curso en 5.566 persoas, sendo de orixen estatal 5.218 persoas e de orixe internacional 338 persoas).

Manifestamos pois en estas líñas o noso compromiso na participación e contribución do tecido asociativo cos/coas nosos/as responsables políticos que imos elexir o vindeiro día 28 de maio, depositando en eles/elas a iniciativa política que lles corresponde na consecución de un Concello de Guitiriz por un Rural Vivo e con Futuro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14883899688721