Solicitan ao Concello de Guitiriz un gran mural na honra de Díaz Castro

TerraChaXa
O Colectivo Nova Poesía Guitirica propón ao Concello de Guitiriz a realización dun gran mural dedicado ao poeta Díaz Castro.
DIAZ CASTRO POETA GUITIRIZ PORTADA
DIAZ CASTRO POETA GUITIRIZ PORTADA
1 dic 2022

O Colectivo Nova Poesía Guitirica propón ao Concello de Guitiriz a realización dun gran mural dedicado ao poeta Díaz Castro.

A proposta foi realizada á alcaldesa Marisol Morandeira no acto de presentación do libro de Man Castro por Antón de Guizán, que propuxo tamén versos de Díaz Castro para os pasos de peóns da vila. A proposta foi presentada tamén polo rexistro electrónico municipal.

A Xosé Maria Díaz Castro adicáronselle as Letras Galegas 2014 e "é o persoeiro máis relevante da história recente de Guitiriz e un dos poetas máis destacados da literatura galega", explica o colectivo.

"Un gran mural contribuirá ao orgullo das xentes de Guitiriz do seu bardo máis importante, inspirador da Nova Poesía Guitirica NPG e tamén ao que sexa percebido polos centos de visitantes que se achegan a Guitiriz", engaden.

"Así como Vilalba ten adicado o seu a Agustín Fernández Paz, o poeta vilarego merece un lugar destacado en honra por todo o aportado ao seu concello de orixe e nada mellor que un gran mural", conclúen.

Como eles explican tamén, a actividade poética promovida dende os centros de ensino, Xermolos e Nova Poesía Guitirica NPG configuran a Guitiriz como un concello poético con Díaz Castro como figura referencial.

Outra das propostas manifestadas á alcaldesa foi incluír nos pasos de peóns da vila e tamén de Parga, versos do poeta local.

DIAZ CASTRO POETA GUITIRIZ