Someten a consulta pública o Plan Hidrolóxico e de inundacións

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta somete a consulta pública a revisión do plan hidrolóxico e do plan de xestión de risco de inundacións da demarcación Galicia Costa.
río rodil traballadores
13 Maio 2021

A Xunta de Galicia vén de someter a consulta pública a revisión do Plan hidrolóxico e do Plan de xestión de risco de inundación para o ciclo 2021-2027 da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, que na provincia de Lugo esténdese polos quince concellos da Mariña e tamén, total ou parcialmente, polos municipios de Guitiriz, Friol, Palas de Rei, Portomarín, Monterroso, Antas de Ulla, Taboada e Chantada.

Os novos documentos actualizan en detalle os datos sobre a rede hidrográfica e poden introducir cambios no planeamento que xeran novas obrigas, polo que invita aos cidadáns a consultar a información da súa contorna, ou aquela que consideren do seu interese, e presentar as suxestións e propostas que entendan necesarias.

Os proxectos poden consultarse na páxina web de Augas de Galicia: o Plan Hidrolóxico durante un período de seis meses, e o Plan de Xestión do Risco de Inundación durante tres meses.

Dentro deses prazos, poderanse trasladar achegas e observacións ben a través dos rexistros administrativos e os medios habituais ou ben mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixidas á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e, dentro desta, a Augas de Galicia.

Arias subliñou que “son iniciativas que buscan progresar na planificación hidrolóxica e minimizar os riscos de inundación, e entre todos podemos seguir mellorando a proposta presentada”. Na procura dunha participación o máis ampla posible, a consellería pon a disposición da cidadanía dous correos electrónicos para resolver dúbidas sobre o proceso: planinundacions.augasdegalicia@xunta.gal; e planificacionhidroloxica.augas@xunta.gal.

0.18780899047852