Sotavento volve convocar o concurso de fotografía

TerraChaXa
Ten un único premio en metálico de 400 euros
certame-fotografia-sotavento
Cartel do concurso
3 Xuño 2024

Un ano máis, o parque eólico de Sotavento ten convocado o seu Certame Renovable de Fotografía, que xa vai pola súa duodécima edición e que este ano volve ter un único premio en metálico de 400 euros.

As fotografías deben ter como temática principal o Parque Eólico Experimental Sotavento e poderán enviarse por correo electrónico ata o 30 de xuño de 2024 á dirección info-divulgacion@sotaventogalicia.com.

Non existe límite de idade para os participantes e permítese un máximo de tres fotografías por autor valorando a creatividade, o enfoque do tema proposto e a calidade fotográfica en función da idade.

As imaxes deben presentarse en formato jpg ou png vertical e non poden pesar máis de catro megas.

O fallo do xurado está previsto para o mes de xullo e farase público a través das redes sociais e a web de Sotavento.

0.19344186782837