Suso da Bahía e Xurxo Souto recibirán a navalla de Manuel María este ano

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Cada 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos celebran a Memoria da Chaira Enteira, dedicada a espallar a vida e a obra do poeta e a visualizar os vencellos que foi creando con mulleres e homes do noso pobo.
memoria da chaira enteira portada
31 Ago 2023

Cada 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos celebran a Memoria da Chaira Enteira, dedicada a espallar a vida e a obra do poeta e a visualizar os vencellos que foi creando con mulleres e homes do noso pobo.

Neste ano será entregada a navalla do Manuel ao que durante moitos anos foi responsable da Libraría Bahía de Foz, a Suso Fernández, máis coñecido como Suso da Bahía, que recibirá o premio a título póstumo, tras haber falecido fai pouco máis dun ano.

O premio vai ser recollido pola súa filla, Cielo Fernández, que dedicará unhas palabras na honra do seu pai e á súa amizade con Manuel María.

Tamén, este ano recibirá a navalla do Manuel o músico e comunicador Xurxo Souto.

A xornada terá lugar ás 14.30 horas cun xantar no Río Ladra, ás 17.00 horas haberá un recital en Penas de Rodas, seguido dun prego no ceminterio de Outeiro de Rei. Para rematar haberá un rito compartido no Campo de Santa Isabel.

memoria da chaira enteira
0.17171096801758