Suso López presenta en Meira o seu novo poemario

TerraChaXa
Será este sábado, ás 20.30 horas nun acto que cotnará con música
suso-lopez-gaita-films
Suso López
20 sep 2024

O produtor de Gaitafilmes, o meirego Suso López, presenta este sábado, 21 de setembro, ás 20.30 horas o seu primeiro poemario Non aparecen bicis, editado hai uns meses por Edicións Positivas.

Suso López, coñecido polo seu traballo no mundo do cinema, producindo fitas como DHOGS, Welcome to ma maison ou Ulises, e pola súa pertenza a grupos musicais como Voladura e Os Bluesomes, vén participando desde 2019 en obradoiros de escrita creativa e colaborando en varias publicacións e recitais colectivos. Con Non aparecen bicis adéntrase individualmente no mundo da poesía.

O acto deste sábado virá adubado polas outras inquedanzas creativas do propio Suso López, a música, interpretando na presentación unha serie de cancións e Voladura.

A actividade estará dirixida por Yoani Jartín.

0.18021392822266