Suspenden o proxecto eólico da Pastoriza por danos aos milanos da zona

TerraChaXa
O proxecto deste parque de 6,6 megawatts estaba composto por un aeroxerador e a súa infraestrutura asociada, cun orzamento de 5,5 millóns de euros
milano-real
Milano Real
12 Xuño 2024

A Xunta arquivou o proxecto do parque eólico Graxón, de Greenalia, situado no concello da Pastoriza, despois de non superar o trámite ambiental.

Na declaración ambiental negativa publicada a comezos de ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural identificou que a flora e fauna de hábitats naturais "veríanse directamente afectados" polo cabreado do parque. E chamaba a atención sobre o milano real ('Milvus milvus'), especie en perigo de extinción, con "probabilidade elevada de chocar" contra a infraestrutura eólica, o que "tería consecuencias poboacións significativas".

Entre outras cuestións, Greenalia propuña que, en caso de colisión dos milanos, se reintroducirían exemplares criados en catividade ou procedentes dos centros de recuperación de fauna para compensar as mortes destas aves.

Agora, a Consellería de Economía e Industria publica --este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG)-- o arquivo definitivo deste proxecto e procede a cancelar a garantía de 252.000 euros depositada por Greenalia Wind Power.

O proxecto deste parque de 6,6 megawatts estaba composto por un aeroxerador e a súa infraestrutura asociada, cun orzamento de 5,5 millóns de euros.

0.18688702583313