Teatro afeccionado este sábado en Pol cunha comedia da man do grupo Os Trocos

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura.
teatro afeccionado pol portada
teatro afeccionado pol portada
9 Dec 2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura. O centro sociocultural de Mosteiro acolle este sábado día 9 a obra 'Camping gas' da man de Os Trocos.

A peza, que se representará a partir das 20.00 horas, achega a historia que ten lugar nun camping nas Rías Baixas en tempada alta no que a música, o baile, sol e a praia son os protagonistas. A trama presenta veraneantes que mesturan o amor, o desamor, o desexo, a corrupción e as envexas nun cóctel explosivo para refrescar un calor abafante.

A comedia de Iria Acevedo e adaptada por Guillermo Cancelo, que está dirixida a todos os públicos, tamén presenta a personaxe de Don Félix Galván, concelleiro de urbanismo de “La Toja”, está inmerso nunha operación ilegal que implica a varias concellarías e tamén ao cámping por cousas dun amor do pasado.

0.18096995353699