Teatro afeccionado este venres en Rábade cunha obra de Down Lugo

TerraChaXa | LugoXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura.
teatro afeccionado pol portada
teatro afeccionado pol portada
14 Dec 2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa esta fin de semana unha nova actuación dentro do Circuito de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura. O centro sociocultural de Rábade acolle este venres día 15 a obra 21/3 da man do Grupo de Teatro Down Lugo, dirixido por Paloma Lugilde.

A peza representarase a partir das 20.00 horas.

“Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anécdotas, a primeira vez que vin o mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin me fixeron tan feliz…”. 21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? Ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo? Os textos creados no taller de teatro son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma".

0.17393112182617