'Telúrica' e 'Sonetos Preposicionais', poemarios chairegos do Certame Literario de Vilalba editados por Alvarellos

TerraChaXa
Dous chairegos eran os gañadores do XLII Certame Literario do Concello de Vilalba e un ano despois de proclamarse vencedores, Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas presentaban o luns 21 de agosto de 2017 en Vilalba os poemarios Telúrica e Sonetos Preposicionais editados por Alvarellos Editora.
pres poemarios vil
21 Aug 2017

O acto contaba coa participación do alcalde de Vilalba, o concelleiro de Cultura, José Antonio Pita, e os propios autores naturais da Ponte de Outeiro (Castro de Rei) e Vilalba que recibían na pasada edición flor natural e diploma, ademais de premios de 3.000 e 1.000 euros; respectivamente.

O acto moderado por Xulio Xiz contaba coa animación musical do cuarteto Tuba e Dálle.

O alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, destacaba a implicación do Concello na defensa da cultura e da lingua galega a través da convocatoria deste certame que este ano aumentaba ata os 7.000 euros a súa dotación económica.
Nas anteriores edicións tamén foron premiados Modesto Fraga e Paulino Pereiro ou Xoán Xosé Piñeiro Cochón e o propio Xosé Otero Canto.

0.086439847946167