Tempo e espazo para a linguaxe

TerraChaXa
Experiencias vividas no pasado traen consigo anécdotas comparativas creadoras dun sinfín de opinións.
Ramón Paz Guntín
11 Dec 2017

Experiencias vividas no pasado traen consigo anécdotas comparativas creadoras dun sinfín de opinións. Entón, xorden as preguntas. Como será o que non é? Sería a imaxinación de cadaquén… Mellor será que cadaquén vexa ou se imaxine para seguir mirando a ver o que vén… ou non vén… segundo e como para asemellar ao chamado espazo onde foi, é e será o lugar que as cousas ocupan significativamente do ser ou non ser, cheo ou baleiro.

Aquel mestre ansiadamente sostiña e insinuaba ao alumnado sistematicamente que o saber non ocupaba nin ocupa lugar. Aos tempos pasados acostumaban xurdir situación inesperadas derivadas relativamente espaciais, típica e conscientemente práctica e simbolicamente que acostuman suceder en formas diversas coñecementos preventivos importantes para evitar riscos nunca desexables psiquicamente prexudiciais en termos xerais.

Comparativamente aos novos tempos existen métodos orientativos para que o pensamento se desenvolve axeitadamente en forma de expresión da linguaxe predominantemente propia para xunguir signos diferentes que son básicos en toda civilización cultivada popular e histórica humanamente para que a linguaxe oral foi, é e será esencialmente beneficiosa expresamente a favor dun desenvolvemento intelectual da escritura como aprendizaxe pedagóxica axeitada ao mecanismo da función expresiva e modo de utilidade máis ou menos significativa e natural.

Así, a acción da escritura oriéntase á coordinación das palabras axeitadamente con signos gráficos clásicos: acentos, comas, comiñas, puntos, parénteses, interrogantes, admiracións... que complementan a percepción esencial.
Aquel distinguido mestre, autor da enciclopedia manuscrita coñecida como “o libro do Xosé” da que tantas xeracións se cultivaron dende que saen á luz do sol clarificante dun futuro gratificante no século XVII sostiña que os desexos da escritura principalmente era, é e sempre será progresivamente a base primordial indicativamente para guiar, orientar, executar... ensinos ambientalmente axeitados a tódolos niveis sen distinción de idade xeneralizados en tódalas épocas pasadas, presentes e futuras.

Tras tempos, tempos veñen que levan e traen hábitos e costumes independentemente portadores de experiencias diversas segundo e como práctica e teoricamente sempre foron, son e serán consecuentemente correspondentes aos desenvolvementos de conductas exemplares psicoloxicamente orientativas, unha miguiña contaxiosas dunha moral significativamente esencial para que o ser humano sexa protagonista dunha axeitada madureza relativamente modélica, creadora de ambientes distinguidos expresamente considerados básicos para o desenvolvemento dunha conducta caritativa, afectuosa e dilixente.

Ao alumnado encomendaba aquel mestre, autor do libro do Xosé, humildade e paciencia basicamente necesarias para exercer estímulos útiles para que con memoria, entendemento e vontade recordar experiencias vividas con ideoloxías orientativas e conxuntamente indicadas en actitudes e crenzas racionais de motivos condicionados socialmente porque todo o que é vivido, sentido e comprendido, forma parte do pensamento permanentemente.

Bo Nadal e Aninovo en paz. Amén.

Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios

0.15248894691467