Ternera Gallega amplia a idade de sacrificio dos xatos dos 10 aos 12 meses

TerraChaXa
Ternera Gallega anunciou unha modificación que vai supoñer ampliar a idade de sacrificio dos xatos desde os 10 meses actuais até os 12.
3 Nov 2019

Ternera Gallega anunciou unha modificación que vai supoñer ampliar a idade de sacrificio dos xatos desde os 10 meses actuais até os 12. Este cambio prevese que entre en vigor a mediados de xaneiro para poder facer fronte á habitual baixada de prezos dos meses do inverno. O obxectivo do mesmo e flexibilizar a idade coa que os becerros son enviados ao matadoiro para que o gandeiro teña máis capacidade de adaptarse ao mercado escollendo o momento de venda.

“Todos os anos nos meses de febreiro, marzo e abril hai exceso de gando, o que provoca atascos na súa saída ao mercado e baixada de prezos, sobre todo en Ternera Gallega Suprema”, explicou o presidente do Consello Regulador, Jesús González, na Xornada Técnica do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo na que participaron uns 400 produtores.

Deste xeito, co cambio realizado, un xato marcado como Ternera Gallega Suprema que supere a idade dos 10 meses poderá ser vendido como Ternera Gallega até que teña un ano de vida e só despois pasará a ser considerado Añojo. A modificación normativa na idade permitida de sacrificio beneficiará aos becerros marcados como Ternera Gallega, pero sobre todo aos inscritos como Ternera Gallega Suprema, que son na actualidade os que máis se devalúan de prezo ao superar a idade máxima de sacrificio e caer dous chanzos pasando directamente de Suprema a Añojo.

 

 

 

0.14344811439514