Testemuñas da pandemia: Mesón Martínez

TerraChaXa
Amador Martínez, propietario do Mesón Martínez das Pontes ve moi lonxe o remate da crise.
terraza meson o martinez
22 Abr 2020

Amador Martínez, propietario do Mesón Martínez das Pontes ve moi lonxe o remate da crise. Desde que se fixo o peche o 14 de marzo, son moitas as dúbidas que lle rondan.

“Fixemos un Erte e estamos á espera dos créditos do Goberno para axuda das pemes e autónomos”, pero aínda non saben cando poderán cobrar e pagar os salarios aos 3 traballadores que son agora, xa que tivo que reducir a plantilla.

Cando volvan a abrir os negocios despois da crise sanitaria Amador ve un futuro moi negro, “non se vai traballar igual, xa veremos como son as normas que haberá que ter, se hai que manter distancias, se non se poden sentar persoas xuntas....”.

“Estou afeito á idea de que ata xuño non abriremos, e de momento poderei aguantar pero haberá que tomar algunhas medidas se esto se alarga”. Conta tamén que tiñan moitas reservas, sobre todo para Semana Santa, “anulouse todo...había comidas de 70 e 80 persoas, tamén as comidas que podías ofrecer aos integrantes das orquestras víronse canceladas polas suspensións das festas patronais das parroquias”.

Na súa opinión “algunhas das medidas adoptadas non teñen sentido, por exemplo o cobrar os seguros de autónomos para despois devolvelo. Ao igual que cando cobraremos o diñeiro que din, xa que temos facturas, recibos e provedores aos que pagar”.

0.15160894393921