Testemuñas da pandemia: Tahona Currás

TerraChaXa
Antonio da panadería Tahona Currás de Vilalba amplíou as súas medidas de seguridade por mor do Covid-19, porque “se xa tiñan unhas medidas de limpeza extremas agora son esaxeradas”.
1e371fb2 deba 4fe0 850e 920de04966d4
30 Abr 2020

Antonio da panadería Tahona Currás de Vilalba amplíou as súas medidas de seguridade por mor do Covid-19, porque “se xa tiñan unhas medidas de limpeza extremas agora son esaxeradas”. Tamén preparan os pedidos con antelación e fan o embolsado individualmente do pan no obrador para evitar calquera contaxio.

Antonio, que está a dirixir a panadería desde a casa por ser persoa de alto risco, agradece poder facer os trámites por teléfono e por internet cos provedores e clientes.

Comenta que lles “afectou sobre todo porque servimos pan a moitos bares, restaurante e comedores escolares e como agora está todo pechado pois loxicamente menguou case o 50% do traballo”.
Tamén di que aínda que se mantén a venda de pan a nivel particular “a empanada baixou un 80% ao igual que os produtos de pastelería e bollería, pero de momento non temos perdas”.

Son 11 traballadores e malia toda esta crise están aguantando e “mantemos aos empregados e non temos pensado facer un Erte. Reducimos a xornada laboral pero non reducimos o salario. Nós temos a sorte de que mantemos unha vendas mínimas, pero moitos negocios so teñen gastos e cero ingresos”.

Ademais restrinxiron o horario, agora tan só abren de 8 a 14.30 horas para que “todos os clientes e veciños non se amontonen, tamén puxemos un panel para evitar o contacto directo, envasamos o pan directamente no obrador e facemos desinfección continuamente varias veces ao día”.

Tamén intentan evitar contactos innecesarios do persoal, así os repartidores xa non entran no obrador. “Mentras podamos aguantar así non pecharemos”, engade Antonio.

As axudas do Goberno non as ven nada claras, “son medidas que están cambiando cada momento. Deberían ter axudas a pequenas empresas como reducir os gastos fixos de luz ou auga, ou intentar baixar a renda”.

Por suposto cre que se vai manter a corentena e agradece traballar nun sector algo máis afortunado que outros ao poder seguir traballando “pero se esto sigue así haberá que tomar medidas”, remata.

0.20913600921631