Testemuñas protexidas
Por Pablo Figueiras e Aranzazu Rodilla
Cando escoitamos falar da textemuña protexida, enseguida vénnos á cabeza aquelas películas e series americanas nas que unha familia ao completo é trasladada de localidade, daselles unha vida, unha nova identidade, e mesmo un soldo para poder manterse durante os primeiros meses, e isto é algo que deixamos á ficción ou á lexislación estadounidense, xa que no sistema español isto non é así.
A figura da testemuña xorde cando unha persoa coñece ou ten información relevante sobre un feito, e seguindo o artígo 118 da Constitución Española, estaría obligado a colaborar coa Administración de Xustiza a través do seu testemuño. O problema é que en determinadas ocasións, hai algúns que se mostran reticentes a cumprir co seu deber, xa que temen sufrir, tanto eles ou persoas achegadas a eles, represalias por testificar, e é enton cando aparece a figura da Testemuña Protexida.
No noso país a lei que regula esta figura aprobouse no ano 1994, a Lei Orgánica 19/1994, de 23 de decembro de protección a testemuñas e peritos en causas criminais, que consta únicamente de só catro artígos, e que moitos xuristas consideran obsoletas, a parte de que non todas as testemuñas poden beneficiarse desta lei .
Nunha primeira fase é a propia policía quen vai decidir se unha persoa é merecedora dunha protección especial, garantindo o seu anonimato, e poderán mesmo vixiar o seu domicilio ou poñerlle escolta.
Unha vez que se pasa da fase de investigación á de instrución, será o xuíz quen determine se o suxeito continuará ou non coa decisión da policía de ser una textemuña protexida, e mesmo podería aumentar a protección.
¿Qué se ten en conta para conceder o estatus de textemuña protexida? Mirarase se o delito ten certa gravidade (os máis habituais son co terrorismo, narcotráfico entre outros), aínda que tamén, e principalmente, o perigo do acusado. Por iso o xuíz fará o posible por manter oculta a identidade da testemuña, eliminando calquera referencia aos seus datos personais ou calquera outro dato que poida identificalo.
¿Pero qué sucede cando finaliza a fase de instrución? Aquí chama a atención que cando conclúe esta fase, a testemuña pode perder a súa protección especial, xa que os avogados da defensa poderían solicitar que se desvele o anonimato, xa que en todo proceso penal, onde hai unha ou varias persoas acusadas do delito, teñen dereito, amparado pola Constitución, á presunción de inocencia e á lexítima defensa.
É por esta aparente contradición, na que ou ben se protexe a un, testemuñas, ou a outros, acusados, que a Lei está bastante en dúbida e estase pedindo modificacións importantes para que tanto uns como outros poidan, ou ben estar a salvo, ou poder defenderse con todas as garantías que a Lei e a Constitución bríndanlles, como a calquera outro cidadán.
Como vemos, aquí ser textemuña protexida non é tan seguro como por exemplo o é nos Estados Unidos, onde a persoa protexida o é antes, durante e tras o proceso xudicial, mentres que aquí éo antes e durante nada máis, ata a fase do Xuizo Oral.
Moitas testemuñas que foron protexidos quéixanse desta lei que non lles da garantías, sentíndose indefensos, polo que en ocasións algún deciden non presentarse a declarar no Xuízo Oral, a pesar de incorrer nun delito, pero é tal o medo ás consecuencias, sobre a súa persoa ou dalgún familiar, que prefiren ir contra a Lei que declarar contra o suposto delincuente. Non sempre é así, pero o medo adoita acompañar a estas testemuñas.
Un dos casos máis extremos é o que lle sucedeu á textemuña protexida número 1964/S, un exmiembro do Servizo de Intelixencia da Armada, e que no ano 1996, tres días despois de prestar declaración, foi secuestrado, torturado e sodomizado, dándolle ademáis de comer (literalmente), o auto xudicial no que se lle outorgaba a condición de testemuña.
Este home hoxe día ten unha nova identidade, pero todos os seus méritos e experiencia quedaron co seu antigo nome, e oficialmente él é xa outra persoa, polo que tamén aquí séntese perxudicado.
Esta historia, real, é moi extrema, pero sucedeu, o que mostra que a Lei que regula esta figura debería revisarse e actualizarse, buscar unha mellora que non cre ansiedade nin incerteza ás persoas cuxo testemuño poden axudar a xudicializar feitos delituosos moi graves.