Tiña
Por Breixo González
Hoxe imos falar dunha enfermidade zoonótica (é dicir que se transmite dos animais as persoas e viceversa) esta enfermidade é a TIÑA.
A tiña é unha dermatofitose (é dicir unha enfermidade causada por fungos parásitos da pel)
que pode presentarse tanto en animáis como en persoas.
Un dos síntomas patognomonicos (patognomónico fai referencia a calquer síntoma que é característico e case inequívoco dunha enfermidade) e a aparición dunha lesión na pel con forma circular co borde engrosado e roxizo .
Os fungos que causan tiña poden vivir durante bastante tempo como
esporas con capacidade infectiva e o contacto directo con estas esporas é a causa desta enfermidade. Estas esporas poden atoparse no pelo dun animal infectado ou mesmo en elementos usados sobre o animal como cepillos ou máquinas para cortar o pelo. O animal tamén pode contraer estes fungos mediante contacto directo co chan
Logo de entrar en contacto cas esporas, a enfermidade tarda entre dúas e catro semanas antes de que o animal mostre signos clínicos. Nalgunhas partes do corpo poden perder o pelo e pódense formar costras ou
escamas sobre a pel nas áreas afectadas. De xeito frecuente, a pel nestas áreas arróibase e pica moitísimo. Nalgunhas ocasións, os fungos que causan o problema morrerán no centro da área afectada, deixando a aparencia dun círculo ou anel na pel do seu animal.
Os humanos tamén podemos contraer a enfermidade e de feito tammén lla podemos transmitir os nosos animais , a transmisión en humanos prodúcese por contacto directo cun animal ou persoa infectada. O síntoma máis común é a picazón e as placas polo xeral atópanse máis inflamadas nos bordos cun enroxecimento, descamación e, en ocasións, bochas
As infeccións por tiña soen estar asociadas a animais con depresión dos sistema inmune ou débil ou inmaturo. Os cachorros e gatiños deben manterse nunha área limpa para reducir o risco de infeccións micóticas. Os animais infectados deben tratarse e separarse doutros animais. Calquera animal cun sistema inmune debilitado debido a outras enfermidades (por exemplo: cancro, enfermidade renal) deben manterse afastados de animais infectados.
Os picos mais altos de tiña en explotacións de vacuno soen coincidir no inverno ( o igual que os piollos) xa que os animais xuntanse máis e condicións de frío e humidade e que aumentan o estrés e baixan as defensas dos animais.