Tiña

TerraChaXa
Por Breixo González Hoxe imos falar dunha enfermidade que afecta os mamíferos coñocida como dermatofitose ou TIÑA.
15 Feb 2019

Por Breixo González

Hoxe imos falar dunha enfermidade que afecta os mamíferos coñocida como dermatofitose ou TIÑA.

As dermatofitoses, comunmente chamadas tiñas, son un conxunto de micoses zoonóticas superficiais que afectan á pel, especificamente á epidermis, e os seus anexos . Son causadas por un grupo de fungos parasitos da queratina chamados dermatofitosen calquera localización anatómica. Producen cadros clínicos moi variados, desde síntomas leves ata lesións inflamatorias intensas

A incidencia das dermatofitosis é cosmopolita ( é dicir, está extendida por todo o planeta) e afecta a ambolos sexos e a todas as idades , sendo máis frecuentes en climas cálidos e húmidos. Os fungos son os que teñen unha distribución específica para as zonas xeográficas. Diversas circunstancias de tipo etolóxico : concentración de animais, instalacións húmidas, inmunosupresión.. e climáticas fan que a epidemioloxía das tiñas sexa moi cambiante.

Entre os medios máis comúns de contaxio atopamos o contacto directo con animais ou humanos tiñosos (recordemos que é unha zoonose) e o contaxio por fómites (sobxectos que levan o fungo de un lado o outro e o entrar en contacto con eles contaxiámonos). O contacto de esporas de dermatofitos coa pel e anexos é capaz de xerar a enfermidade, aínda que se suxeriu a posibilidade dunha predisposición tisular, xenética e inmunolóxica.

Agora ímos decribir os síntomas e características en can gato e humano, xa que son 3 animais ( os humanos somos animais ) que temos o grao de interacción maior:

Achados clínicos no gato: Prurito variable, alopecia circular que inicia do centro e esténdese á periferia con pequenas lesions ,  perda de pelo sen outra lesión pódese observar en gatos de pelo longo, os sitios máis comúns de lesión inicial son a cara, orellas e membros anteriores, a infección pódese xeneralizar.

Achados clínicos no can: Presenza de escamas, costras e perda de pelo, o prurito é pouco común, a lesión clásica é unha alopecia circular cun bordo eritematoso( enrroxecido) activo e unha área clara central e sa, a cara e membros anteriores son os sitios máis comúns de infección inicial. As lesións simétricas na rexión parredor dos ollos, na orella pódense observar en casos de a onicomicose ) infección das unllas pódese observar en casos crónicos , pode observarse  como un engrosamiento da pel, eritematoso, alopecico e nodular, a maioría das lesións son solitarias e sitúanse na cara e membros anteriores, pero tamén poden ter distribución multifocal. Outro achado é a dermatofitose pustular superficial a cal é pouco común, as lesións obsérvanse na rexión facial nalgúns casos afecta o plano nasal.

Achados clínicos na especie humana: O cadro clínico clasifícase dependendo da rexión corporal onde se desenvolva; tiña corporal, da cabeza, da cara, da barba, do pé “pé de atleta”, da uña e da man. Ao redor de 30% dos casos de tiña no home son adquiridas a través do gato. É necesario realizar unha abordaxe diagnostico axeitado ao paciente con lesións compatibles con dermatofitose realizando as seguintes probas de laboratorio: avaliación con lámpada de Wood( lámpada de raios ultravioleta ,tamen coñecida como luz negra) co fin de detectar a presenza do dermatofito  que emite unha fluorescencia verde amarela no 30 a 80% dos casos,ou ben directo tomando unha mostra de pelos ou raspado superficial co fin de atopar hifas ou esporas micoticas, e o cultivo micolóxico o cal é o diagnostico definitivo das dermatofitose.

Medidas de control:

• Realizar cultivos aos animais con lesións compatibles con dermatofitos e separar os positivos dos negativos.

• Realizar cultivos ao medio ambiente onde habitan os animais afectados.

• Aspirar diariamente e eliminar a bolsa do aspirador.

• Desinfectar os utensilios de limpeza e descanso do animal con clorhexidina ou lixívia.

• Limpar condutos de aire acondicionado.

En canto ao tratamento dos animais:

• Tratar con baños ou pulverizaciones con clorhexidina aos que teñan cultivo negativo e manterlles en illamento repetir os cultivos periodicamente.

• Tratar a todos os animais infectados con antifúnxicos sistémicos ata que cada animal teña dous cultivos de fungos negativos.

0.15966200828552