Tito Suárez destaca a xestión da Xunta de Galicia polo deporte ribadense

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Aug 2020

O coordinador de Deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, destaca a xestión realizada ante a Xunta de Galicia para o deporte ribadense. Explicou: “Na tarde-noite de sábado asistimos, nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo, invitados polo  club de actividades subacuáticas Illa Pancha, á presentación do proxecto Argos, para  dar a coñecer os secretos que esconde o fondo da nosa ría e o seu estuario por medio dunha exposición fotográfica e un máis que interesante documental, moi ben exposto e moi ben argumentado por arqueólogos e polos propios mergulladores do club de actividades subacuáticas Illa Pancha”. Á reunión asistiu Daniel Vega, portavoz municipal e deputado autonómico.

Suárez tamén indicou: “É un proxecto Argos e ten continuidade cunha segunda fase. Nós queriamos  estar e colaborar para poñer en valor ese patrimonio arqueolóxico subacuático  e mostra diso é que despois de realizar reunións coa  directiva desta entidade, fixemos as xestións  pertinentes e conseguimos  dotar a este club de  distinto material para poder levar a cabo esa segunda fase do proxecto”.

Tito Suárez confirmou que “seguimos preparando con este club novas liñas de traballo, así como con outras entidades do concello que nestes momentos  de incerteza nos demandan axuda”. Nesta liña, hai que sinalar que o grupo municipal popular xestiona orzamento ante a Xunta para todas as entidades deportivas ribadenses, xa que, como indican Suárez e Vega, “o deporte é un piar fundamental para a nosa vila”.

0.16414904594421