Todo preparado en Rábade para unha segunda edición mellorada do Festival Entrepontes

LugoXa | TerraChaXa
Arrancará ás 13.45 horas cunha sesión vermú con The Teta's Van
presentacion-festival-entrepontes-rabade
Un momento da presentación e o horario
24 Maio 2024

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade pon en marcha este sábado o Festival Entrepontes, a segunda edición, que se organiza na vila. Será unha cita coa música gratuíta para os asistentes.

O colectivo fixo público o horario, que contará con outras actividades ademais dos concertos. O festival arrancará coa sesión vermú, ás 13.45 hora, con algo de humor, a cargo de The Teta's Van, grupo feminista coas súas versións do rock'n roll.

Durante a tarde haberá unha exposición de cerámica e diferentes actividades familiares, entre as 17.00 e as 19.00 horas como un obradoiro de cerámica, animación e pintacaras para rematar cunha festa Holi, de man do grupo tradicional A Cadela Asasina, que irá dende os bares da contorna ata o Campo da Feira.

Abrirá a quenda de concertos, ás 20.30 horas Berta Fránklin, que cautivará coa súa mestura de soul, psicodelia, new-wave e rock actual.

Rábade tamén será o escenario para a estrea de Catalina Grande Piñón Pequeño en Galicia, onde ofrecerán a súa primeira actuación nun festival da comunidade. A prtir das 21.35 horas.

O grupo Lontreira ten asignadas as 23.05 horas, e a esta seguirá o representante do celtic punk Tecor Societário. Pecha o cartel Marqués de Vilapodre DJ, a partir das 0.35 horas, que fará unha sesión cos mellores temas para que a troula continúe.

O festival, que naceu o ano pasado con aires de continuidade, conta no pavillón Eduardo Villamarín cunha zona de acampada para autocaravanas e acampada de balde.

horario-festival-entrepontes-rabade
0.1025288105011