Tolerancia e sobreprotección
A incerteza xorde cara ao futuro de forma natural. Por iso, psicoloxicamente foi é e será necesariamente importante renovar situación para ser creadores dun entorno axeitadamente beneficioso para a sociedade.
Xeralmente acostuman ser necesarios motivos de comportamentos saudables sobre e para unha orientación activa de proxectos xustificadamente acreditativos e promover satisfactoria e conscientemente anovacións pluralmente correspondentes á conduta humana para analizar sistematicamente conceptos convenientes e diversos comúns unha miguiña contaxiosos sensiblemente xustificados.
O autor do libro do Xosé insistía ao seu alumnado que sempre foi, é e seguirá sendo práctico e necesario renovar as motivacións de comportamentos afectuosos en formas diferentes distinguidas significadamente derivadas de impulsos naturais orientativamente precisos a favor do pensamento que foi é e seguirá sendo a base dunha conducta de consideración exemplar cuidadosamente en sentido e comprensión.
Vivir para ver e disfrutar con responsabilidade previa dunha orientación e motivación plenas para e por ter un futuro satisfactoriamente esperanzador psicoloxicamente.
En tódolos tempos foi e seguirá sendo natural que a conduta procedente sustanciosamente dunha sintonía psiquicamente activa e significativamente comprensiva sexa a base pura da realidade motivadamente propia derivada do pensamento con natureza e loxicamente orientada a nocións e conceptos existentes xunguidos a situacións futuras de conciencia plena e expresamente interpretativas para elaborar información e exercer intelectualmente funcións de conducta natural e conceptos diversos de diferentes esquemas do pensamento que se considera unha especie de habilidade e mestría na capacitación elemental básica para superar as esixencias do medio ambiente inmediato conveniencias derivadas do propio pensamento expresamente e conscientemente mediante palabras e formas simbólicas de calquera especie da natureza.
Aquel mestre autor do libro do Xosé describía ao alumnado o pensamento sen límites e necesariamente como a base dunha conducta excepcional para que o desenvolvemento da sociedade fose e sexa máis perfecta orientativa e prudentemente con sabedoría e axeitadamente xunguida á percepción de coñecementos adquiridos da propia realidade que acostuman ser proxectos de conformación derivados da integración de datos procedentes do sentido común.
Dise que pode e deber ser que humanamente a través das sensacións existen posibilidades naturais para o desenvolvemento da percepción xeralizada porque desde a infancia será moi importante cultivar xenerosamente aspectos de futuro orientativamente dunha aprendizaxe significativa de maduración para o desempeño dunha función orientada ao desenvolvemento da percepción que naturalmente aporta profundos cambios nos procesos reais da recepción dos que os seres humanos acostuman ser posuidores natos.
Facer mención que a percepción acostuma ser e é a suma de elementos sensoriais procedentes do exterior e de certos datos da imaxinación adquiridos das experiencias de vivencias desenvoltas a través do tempo.
Aos seus discípulos aquel mestre autor do libro do Xosé insinuaba permanentemente que a conducta era e é a base da existencia e respectuosamente da educación conxuntamente cos efectos respectivamente teóricos relativos ao coñecemento dos métodos educativos a nivel da práctica correspondente. Destacaba que a pedagoxía era e é a ciencia dos nenos e o coñecemento das técnicas da educación con capacidade de levalas á práctica para conxuntamente xunguidas necesariamente ao desenvolvemento de capacidades físicas, psicolóxicas e éticas dos nenos son básicas para a formación da súa personalidade.
Ordinariamente xorden unhas capacitacións psíquicas determinadas onde destacan os períodos do desenvolvemento mental efectivo básico, sensible, dosificadamente axeitada aos graos de maduración para a acreditación dunha función completa derivada por e para exercer unha habilidade determinada posible e comezar a aprendizaxe apta para adquirir a correspondente función de sensibilidade axeitada.
Aos tempos de hoxe existe unha tolerancia de aceptación do comportamento e as motivacións dos demais. En psicoloxía infantil a idea contraria é a sobreprotección que define unha educación que se caracteriza polos espazos de liberdade correspondentes ao neno para actuar dacordo cos distintos niveis de autonomía propios de cada idade.
Circunstancialmente baseándose en preguntas e respostas de pros e contras xorden cuestións de estímulos unha miguiña desiguais e psicoloxicamente comparativos orientativos axeitada e persoalmente á especie humana motivada polo seu modo de ser específico posuidor dun consciente unitario, pero social. Os seres humanos acostuman descubrir as súas relacións sociais a niveis plus co mundo para adquirir conciencia de que é un ser por si e para si mesmo.
Ramón Paz Guntín
A Casa dos Marios.