Torre celebra o sábado as súas patronais

TerraChaXa
Durante a verbena haberá o sorteo dun remolque de leña
festas-patronais
Cartel das festas
16 Maio 2024

A parroquia de Torre, en Vilalaba, celebra as súas festas parroquiais na honra a San Isidro o vindeiro sábado 18 de maio.

A xornada dará comezo ás 13.30 cunha misa con procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Alabama Show.

Para a verbena da noite os veciños volverán a contar coa actuación da mesma orquestra á que se suma Dilema.

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto e durante a verbena haberá o sorteo dun remolque de leña.

festas-torre-vilalba
0.19162797927856