Traballadoras do SAF da Pastoriza manifestáronse ante o Concello

TerraChaXa
As traballadoras manifestáronse ante o consistorio para reclamar un maior apoio por parte do Concello no conflicto da empresa.
saf cig pastoriza saf manifestacion
24 Mar 2022

As traballadoras do SAF da Pastoriza, que xestiona a empresa Servital, manifestáronse ante o consistorio para reclamar un maior apoio por parte do Concello no conflicto da empresa, a que teñen denunciada por incumprimento de convenio no relativo aos pagos mensuais e á bolsa de horas.

As traballadoras manifestaron o malestar co Concello por terlle renovado o contrato á empresa malia que o Concello debe indemnizala por suspender o servizo durante o estado da alarma.

Por outra banda, o Partido Popular esixe ao goberno local que dea unha solución á situación de falta de cobro das traballadoras do SAF. Concretamente, os populares pídenlle ao equipo de goberno “que se sente coas afectadas” e que explique porque seguen mantendo este servizo coa empresa adxudicataria cando existe incluso unha denuncia favorable a estas profesinais da Inspección de Traballo e un proceso xudicial aberto, iniciado por elas mesmas, polo importantes incumprimentos laborais.

Dende o PP consideran, a este respecto, “inxustificable” que “por non cumprir, nin cumpren o convenio de 2012 que, por certo, está obsoleto”, afirman.  E é que, engaden, “a precariedade á que están sometidas chega a tal punto que nin se lles paga a quilometraxe, nin a suba do IPC e tampouco as horas que fan de máis”. Por iso, os populares apoian ás afectadas na súa reivindicación de que non se privatice o servizo e a concesión sexa do Concello.

0.18137884140015